ACEBRÓN GROUP


ACEBRÓN GROUP

ACEBRÓN GROUP é un grupo empresarial creado no ano 2000, formado por 4 empresas: Mecace, Talleres Acesán, Acemetal e Acecal. A súa orixe está en Rodabell, empresa que traballaba nos anos 90 principalmente para ENDESA. Hoxe en día, con MECACE á cabeza, convertéronse nun referente no sector do mecanizado industrial.

Cun investimento en maquinaria próxima aos 15 millóns de €, e un equipo duns 100 profesionais do sector, son capaces de ofrecer todos os procesos produtivos (mecanizado, tratamentos superficiais, caldeirería e soldadura, reparacións, etc). Isto favoreceu a súa apertura e expansión no estranxeiro.

Actualmente dispoñen de clientes de diversas partes do mundo: Noruega, Suíza, Dinamarca, Alemaña, Francia, Alxeria, Italia, Panamá, etc., proporcionando subministración a sectores moi diversos: nuclear, industria naval, agroquímica, bens de equipo, sector militar, aeronáutica e sector enerxético.

Web: http://www.acebrongroup.com