BIOMASA FORESTAL
BIOMASA FORESTAL
BIOMASA FORESTAL, S.L. é unha empresa de biocombustibles que se dedica á fabricación de pellets, sendo o maior fabricante deste produto en España. Os pellets son uns pequenos óvulos elaborados con serrín e restos de madeira que se utilizan como combustible de caldeiras para a obtención de calor ou auga quente. En BIOMASA preséntanse de dúas formas diferentes: a granel para uso industrial e ensacado para uso doméstico. As instalacións que BIOMASA ten no Polígono de Penapurreira nas Pontes foron construídas en 2011, e nos últimos anos a produción aumentou considerablemente. Hoxe en día alcanza unha produción anual de 75.000 toneladas, destinando o 80% ao mercado internacional, onde os seus principais clientes proceden de Dinamarca, Alemaña e Inglaterra. Das súas instalacións destaca o proceso de fabricación dos pellets; partindo da madeira virxe proveniente do tronco da árbore (que pode chegar fragmentada ou non), primeiro descódiase, córtase en birutas, pásase por un muíño, sécase, móese de novo e finalmente prénsase, conseguindo o pellet final.
Web: http://www.bioforestal.es/