CASA DO MEL
CASA DO MEL
A CASA DO MEL é unha asociación sen ánimo de lucro nacida no ano 2004, que traballa como un centro de divulgación e sensibilización do mundo apícola, sendo un referente en Galicia. O centro está situado na parroquia de Goente, e dispón nas súas instalacións de varias salas de exposicións, así coma unha sala de extracción e envasado do mel, un laboratorio para controlar a calidade do mel e unha sala para conferencias e accións formativas. Os principais obxectivos deste centro son: • A divulgación e a sensibilización do mundo das abellas entre os visitantes • Ofrecer produtos apícolas de gran calidade • Apoiar tecnicamente aos apicultores, mellorando os seus coñecementos para axudarlles a desenvolver as súas explotacións Entre as súas actividades destacan cursos de apicultura, visitas de escolares e grupos organizados, catas de mel, análise física, química e polínica dos meles, e obradoiros de cera ou cosmética. HORARIO DE APERTURA AO PÚBLICO: Sábados e domingos de 16h. a 21h, con visitas guiadas e asesoramiento. CONTACTO Teléfono: 661 00 36 16 // Email: casadomel@vodafone.es .
Web: http://www.casadomel.es