EINSA PRINT


EINSA PRINT

EINSA PRINT é unha empresa dedicada á preimpresión, impresión, encadernación e loxística para o sector editorial e da gran distribución, estando especializada na impresión de directorios, catálogos, revistas ou folletos. Está situada como unha das 3 imprentas industriais máis grandes de España, contando nas súas instalacións das Pontes con 7 rotativas (unha delas de folla plana), 3 máquinas de encadernación e máis de 300 empregados.

Entre os seus produtos e clientes máis coñecidos atópanse os catálogos de Avon, Páxinas Amarelas, Páxinas Brancas, Directorio de British Telecom, folletos e catálogos para Gadis e Freoiz ou as revistas de Iberia e Como tú, farmaceuticos, etc.

Máis do 50% da súa produción é para clientes estranxeiros, para o que a situación xeográfica é determinante. Neste sentido a súa localización nas Pontes failles ser competitivos pola posibilidade de realizar transporte de mercadoría por mar.

Web: http://www.einsa.com