Maquinaria de explotación mineira
Maquinaria de explotación mineira
Para levar a cabo os traballos de explotación da mina das Pontes utilizouse diferente maquinaria. O modelo de extracción empregado foi o denominado método alemán, un sistema continuo de explotación. Este método consistía na extracción do material mediante o uso de rotopalas que logo se depositaban nunhas cintas. Estas transportaban o lignito ao nó de transferencia, onde mediante amoreadoras era distribuído á central e o material estéril era depositado na entulleira. Dependendo da época, ENCASO ou ENDESA, utilizaron distintos tipos de maquinaria. Por exemplo, nun principio, para o transporte de materiais da mina, ENCASO optou por utilizar un tren, e en 1955, é cando empezan a utilizarse as rotopalas, sendo as primeiras máquinas deste tipo empregadas no país para a extracción de lignito. Chegou a haber ata 7 ao longo dos anos 80, aínda que a cantidade viuse reducida a 5 debido ao descenso da extracción anual nos anos 90. O equipo consta dunha escavadora de rodete e un carro de descarga unidos a través dunha ponte de transferencia. En 1976, coa chegada de ENDESA e a súa explotación, continuouse co modelo extractivo de ENCASO. Con todo, optaron por substituír o ferrocarril pola construción dunhas cintas para o transporte do carbón e o material estéril. Estas cintas ían desde a mina ata a central e tamén á entulleira. Foi a cinta maior montada en país, alcanzando en total 65 quilómetros en total. Para realizar a vertedura de estériles na entulleira exterior e o apilado de carbón no Parque de Carbóns, utilizábanse amoreadoras cun brazo xiratorio provisto dunha cinta. Do mesmo xeito que o caso das rotopalas, a cantidade de amoreadoras viuse reducida, pasando de 5 a 3 nos anos 90. Ambas máquinas trasladábanse pola mina mediante un mecanismo de translación.
- Cintas
- Rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Cintas
- Cintas
- Cabeza cinta transportadora
- Amoreadoras
- Amoreadoras
- Amoreadoras
- Amoreadoras
- Amoreadoras
- Amoreadoras
- Amoreadoras
- Interior rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Rotopala
- Nodo de transferencia en 1985
- Transporte en carretillas tiradas por persoas
- Maquinaria en Calvo Sotelo
- Apiladora en Calvo Sotelo
- Primeiras excavadoras de rodete en 1965
- Pala de cuchara en 1950
- Locomotora Krupp do tren mineiro
- Labores mineiras en 1947
- Ferrocarril mineiro en Calvo Sotelo
- Ferrocarril mineiro en Calvo Sotelo
- Dragalina en Calvo Sotelo
- Ferrocarril mineiro en Calvo Sotelo
- Ferrocarril mineiro en Calvo Sotelo
- Amoreadora en Calvo Sotelo
- Amoreadora en Calvo Sotelo
- Vagonetas en Calvo Sotelo