As orixes industriais | O Carbón

O lignito pardo pontés, descuberto polo ilustrado José Cornide en 1790, foi o elemento clave que marcaría a historia contemporánea das Pontes. Tras varios intentos, o carbón empezou a extraerse a grande escala en 1944 por ENCASO, que continuou con ENDESA ata que no ano 2012 se paraliza a extracción, convertendo o oco mineiro nun inmenso lago artificial.


Que é o carbón?

O carbón é unha rocha sedimentaria que se orixina pola fosilización de restos vexetais. Fórmase pola descomposición de vexetais terrestres, follas, madeiras e esporas que se acumulan en fondos pantanosos. Estes materiais vanse cubrindo con auga e sedimentos que os protexen da acción do aire e a actuación das bacterias descomponos. Enriba deles, aséntanse outros materiais que van exercendo presión e grazas a esta, vaise enriquecendo de carbono. A máis carbono, máis enerxía calorífica.


Como é o carbón das Pontes?

O tipo de carbón que existe nas Pontes é lignito orixinado no secundario/terciario. O lignito adoita ser de cor café e cunha textura fibrosa. Pódense recoñecer nel os restos de madeira e fósiles que o formaron. De feito, malia que o chan galego é moi ácido e non adoitan encontrarse fósiles, na mina das Pontes localizáronse numerosos restos como o cranio dun crocodilo, un enorme e, sobre todo pesado, tronco, ras moi parecidas ás que encontramos agora no lago ou piñas, entre outros.


Acabouse o carbón en As Pontes?

Na actualidade ENDESA segue consumindo carbón para abastecer a súa Central Térmica, sen embargo xa non é extraido do chan pontés. O carbón que se utiliza agora procede na súa maioría de Indonesia, máis concretamente de Tutupán. A hulla é extraida pola empresa Adaro, e transportada en grandes barcos ata a terminal de ENDESA no Porto Exterior de Ferrol, chegando finalmente ás Pontes por transporte terrestre.