Patrimonio Industrial

As Pontes é un municipio no que se produciron grandes acontecementos a nivel industrial durante os últimos 100 anos; desenvolvemento da maior explotación de carbón a ceo aberto de España, construción de centrais de produción eléctrica, pantanos, poboados e vivendas para traballadores, etc.

O seu inmenso desenvolvemento industrial provocou que hoxe en día As Pontes sexa un dos puntos con maior concentración de patrimonio industrial de Galicia e España, convertendo ao municipio en referente para unha tipoloxía de turismo cultural innovador e de gran atractivo; o TURISMO INDUSTRIAL.

Nesta páxina web o público pode informarse sobre o que sucedeu, tanto antes como despois da súa visita ás Pontes. Así, cando veña ás Pontes vivirá unha experiencia diferente, unha EXPERIENCIA INDUSTRIAL.