1790
Descubrimento oficial da mina de carbón de As Pontes por José Cornide.
1835
O enxeñeiro de minas Guillermo Schulz analiza as posibilidades de explotación da mina
1908
Construción do Muíño de Prieto, tamén coñecido como O muíño Novo ou Fábrica da Luz.
1910
Primeiro intento de explotación da mina, que resultou pouco rentable.
1941
Construción do Muíño da Ribeira Nova .
1944
Aprobación do Plan de actuación para a explotación de lignitos en As Pontes.
1946/1949
Comeza a construción do Poboado das Veigas. Fase de maior construción, con 150 vivendas. Ademais ENCASO prepara a explotación de lignito.
1949
Inauguración da residencia de enxeñeiros, as escolas e o economato do Poboado das Veigas. Ademais ENCASO opta por un tren para o transporte do carbón da mina á central térmica.
1949
Entra en funcionamento a central térmica de 32 MW.
1950/1959
Segunda (1950-1953) e terceira (1954/1959) fase de construción do Poboado das Veigas, así como a inauguración en 1951 da residencia de empregados.
1955
Entra en servizo na mina das Pontes a primeira rotopala, unha das primeiras utilizadas en España.
1955/1960
Construción do Encoro do Eume.
1959
A escola do Poboado das Veigas comeza a funcionar como escola de Formación Profesional e academia de Grado Medio.
1960/1963
Cuarta fase de construción do Poboado das Veigas.
1962
Constrúese o campo de fútbol “O Poboado”.
1963
Inaugúrase o Club de Empresa Lar.
1964
Inaugúrase a Presa da A Ribeira.
1965
Inaugúrase a Igrexa da Luz no Poboado das Veigas.
1972
Intégrase a ENDESA na explotación da mina das Pontes. Os bens de ENCASO pasan a ENDESA e comeza a construción da maior Central Térmica do país.
1973
División do complexo industrial das Pontes: • Produción enerxía: ENDESA. • Produción amoníacos e abonos: ENFERSA
1974
Construción do Poboado da Fraga. 200 vivendas.
1974
Construción do Poboado de A Magdalena. 248 vivendas.
1975
Construción do Poboado O Muíño/Anguieiro- 48 vivendas.
1976
Comezo da explotación da mina por parte de ENDESA. O carbón transpórtase en cintas.
1976
Construción do Poboado do Barreiro. 232 vivendas.
1977/1979
Póñense en marcha os novos grupos de ENDESA, pecha a térmica de ENCASO, suspéndese a fabricación de amoníaco e finaliza a construción da térmica de ENDESA.
1985
Comezo dos traballos de restauración na Entulleira exterior.
1986
Peche de ENFERSA. Os traballadores son recolocados en ENDESA ou se prexubilan.
1993/1996
Transformación da Central Térmica para consumir unha mezcla de carbón local con carbón importado, reducindo así emisións contaminantes.
1999/2004
Construción de varios parques eólicos: • Construción do Parque Eólico de San Xoán (1999) • Construción do Parque Eólico de O Caxado (2002) • Construción do Parque Eólico de A Faladoira (2002) • Construción do Parque Eólico Coto Teixido (2002) • Construción do Parque Eólico de A Carballeira (2004)
2005
A central térmica unicamente traballa con carbón importado.
2006
Rematan os traballos de restauración da Entulleira exterior.
2007/2008
En 2007 pecha a mina de carbón, retíranse os equipos mineiros e selase o oco con caliza. En 2008 comeza e enchido do Lago.
2008
Comeza a actividade da Central Térmica de Ciclo Combinado.
2012
No mes de abril remata o enchido do Lago. En agosto prodúcese a inauguración do Lago co primeiro baño por parte dos veciños das Pontes.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Máis información, na nosa Política de Cookies.Aceptar Leer + Privacidade e Política de Cookies