Ruta Industrial

Para que poidas coñecer o noso patrimonio industrial dunha forma sinxela e agradable, ofrecemos un itinerario para que percorras os puntos máis representativos da paisaxe industrial das Pontes. Ademais, brindamos a oportunidade de realizar unha ruta circular curta (de 1 hora camiñando) e outra un pouco máis longa (algo máis de 2 horas).

O Punto de Información Turística (PIT) do LAGO é o comezo e final de ambos os itinerarios, que recomendamos facer a pé ou en bicicleta. Desta maneira gozarás de paisaxes industriais, tanto urbanos como naturais, seguindo a información recollida neste folleto, que podes descargar AQUÍ ou recoller en formato impreso no propio PIT ou no Concello. Tamén existe a posibilidade de seguir o track en Wikiloc

Corta: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10085285

Larga: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10095244

Adéntrate no territorio das Pontes e goza de recunchos tan peculiares como o lago artificial máis grande de Europa, a cheminea de maior volume do Mundo, curiosos poboados de traballadores, inmensas máquinas, antigos muíños e impresionantes vistas desde un encoro.

Trátase pois dunha ruta que che fará aprender, descubrir e vivir unha experiencia diferente. Unha EXPERIENCIA INDUSTRIAL.