IPPEC

O Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), dependente do Concello das Pontes, apoiado pola Xunta de Galicia así como polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), leva a cabo unha serie de actuacións dirixidas á promoción e desenvolvemento industrial das Pontes.

Ten por misión asesorar e informar aos investidores dende o inicio do proxecto de investimento, na busca dun maior desenvolvemento industrial e na creación de emprego, favorecendo así a consecución dun tecido empresarial máis estable, a diversificación de actividades e a un crecemento económico sostible.


Podes coñecer máis sobre a actividade do IPPEC en www.ippec.es