XARALEIRA

XARALEIRA

Nada no ano 2003 nas Pontes, Xaraleira é o maior criadeiro de roedores de España. Ata o momento mantivo dúas liñas de negocio básicas: a venda de roedores como alimento para zoos e centros de recuperación de aves e como mascotas para tendas de animais. Os roedores criados en Xaraleira chegan ao Parque Natural de Cabárceno, ao Zoo de Madrid e tamén a Faunia. Exporta a Reino Unido, Francia, Portugal ou Xapón. Nas súas seis naves actuais crían 36 especies de roedores diferentes, e acaban de emprender unha nova liña de negocio: a cría de insectos.

En termos xerais, pódese afirmar que Xaraleira produce máis de 500.000 animais ao ano, sendo a granxa con máis animais non dedicados ao consumo humano de Galicia. A súa actividade é totalmente innovadora, o que supuxo a reactivación económica do territorio, desde a perspectiva de diversificación do tecido produtivo. De feito, Xaraleira foi galardoada en diversas ocasións con premios á innovación e emprendemento.

Web: http://www.xaraleira.com/