Agrogandeira

DELAGRO

DELAGRO é unha cooperativa de segundo grao, integrada por máis de 40 cooperativas e 21.000 asociados, localizados en Galicia, Asturias e Cantabria. Provén produtos e servizos profesionais aos seus clientes e asociados, e a súa aspiración é converterse na organización (cooperativa) de referencia no medio rural. Actualmente a súa competitividade permitiulle situarse como a central de compras máis importante do noroeste español.

A actividade do centro multidisciplinar das Pontes, inaugurado en 2015, céntrase na provisión de todos aqueles produtos que pode necesitar unha granxa para desenvolver a súa actividade. Desta forma, conta cunha ampla gama e variedade de produtos: alimentación animal, fertilizantes, sementes, farmacia veterinaria, plásticos e servizos de automoción entre outros. Das instalacións destacan a súa modernidade, deseño, dimensións e a zona de mesturado e ensacado de fertilizantes.

Web: http://www.delagro.org/

XARALEIRA

Nada no ano 2003 nas Pontes, Xaraleira é o maior criadeiro de roedores de España. Ata o momento mantivo dúas liñas de negocio básicas: a venda de roedores como alimento para zoos e centros de recuperación de aves e como mascotas para tendas de animais. Os roedores criados en Xaraleira chegan ao Parque Natural de Cabárceno, ao Zoo de Madrid e tamén a Faunia. Exporta a Reino Unido, Francia, Portugal ou Xapón. Nas súas seis naves actuais crían 36 especies de roedores diferentes, e acaban de emprender unha nova liña de negocio: a cría de insectos.

En termos xerais, pódese afirmar que Xaraleira produce máis de 500.000 animais ao ano, sendo a granxa con máis animais non dedicados ao consumo humano de Galicia. A súa actividade é totalmente innovadora, o que supuxo a reactivación económica do territorio, desde a perspectiva de diversificación do tecido produtivo. De feito, Xaraleira foi galardoada en diversas ocasións con premios á innovación e emprendemento.

Web: http://www.xaraleira.com/

Alimentación

CASA DO MEL

A CASA DO MEL é unha asociación sen ánimo de lucro nacida no ano 2004, que traballa como un centro de divulgación e sensibilización do mundo apícola, sendo un referente en Galicia. O centro está situado na parroquia de Goente, e dispón nas súas instalacións de varias salas de exposicións, así coma unha sala de extracción e envasado do mel, un laboratorio para controlar a calidade do mel e unha sala para conferencias e accións formativas.

Os principais obxectivos deste centro son:

  • A divulgación e a sensibilización do mundo das abellas entre os visitantes
  • Ofrecer produtos apícolas de gran calidade
  • Apoiar tecnicamente aos apicultores, mellorando os seus coñecementos para axudarlles a desenvolver as súas explotacións

Entre as súas actividades destacan cursos de apicultura, visitas de escolares e grupos organizados, catas de mel, análise física, química e polínica dos meles, e obradoiros de cera ou cosmética.

HORARIO DE APERTURA AO PÚBLICO:
Sábados e domingos de 16h. a 21h, con visitas guiadas e asesoramiento.

Web: http://www.casadomel.es

QUESERÍAS DEL EUME

Queixerías do Eume é unha empresa que se dedica á elaboración de queixo, requeixo e manteiga de gran calidade en pleno corazón do Parque Natural das Fragas do Eume. Comezaron a súa actividade en 1960 e xa pasaron tres xeracións polas súas instalacións, onde se xuntan tradición familiar e novas tecnoloxías para producir un dos queixos máis coñecidos de Galicia.

Nas súas instalacións da Faeira utilizan diariamente 10.000 litros de leite de vaca galega, o que se traduce nuns 1.200 queixos diarios de media, divididos en queixo de barra, Eume tenro (2-3 días de curación), Eume cremoso (10 días de curación), Eume madurado e requeixo.

A súa gama de produtos pódese atopar nas principais superficies comerciais como son Gadis, Alcampo, Froiz ou Eorski, así como en establecementos de Madrid e Barcelona.

Web: http://www.queseriasdeleume.com

DELICIAS CORUÑA

DELICIAS CORUÑA é unha empresa dedicada á fabricación de produtos tradicionais galegos de calidade, conxelados e refrixerados, con base en panadería e repostería. Entre a súa carteira de produtos atópanse empanadas, empanadillas, follados, masa danesa, pizzas, tortas ou pan galego, englobadas baixo as súas marcas Obradoiro, DonaFlavia, Delicias Coruña e SanTyago.

Coas súas versátiles instalacións das Pontes son capaces de innovar e elaborar novos produtos, ofrecendo a gama máis completa do mercado español en empanadas e empanadillas, que destacan pola calidade do seu recheo. Desde o Polígono de Penapurreira envían os seus produtos a puntos quentes e obradoiros de establecementos coñecidos e prestixiosos de España, Francia, Reino Unido, Alemaña, Bélxica, México, Estados Unidos ou República Dominicana.

Web: http://www.deliciascoruna.com/

Biocombustibles

BIOMASA FORESTAL

BIOMASA FORESTAL, S.L. é unha empresa de biocombustibles que se dedica á fabricación de pellets, sendo o maior fabricante deste produto en España. Os pellets son uns pequenos óvulos elaborados con serrín e restos de madeira que se utilizan como combustible de caldeiras para a obtención de calor ou auga quente. En BIOMASA preséntanse de dúas formas diferentes: a granel para uso industrial e ensacado para uso doméstico.

As instalacións que BIOMASA ten no Polígono de Penapurreira nas Pontes foron construídas en 2011, e nos últimos anos a produción aumentou considerablemente. Hoxe en día alcanza unha produción anual de 75.000 toneladas, destinando o 80% ao mercado internacional, onde os seus principais clientes proceden de Dinamarca, Alemaña e Inglaterra.

Das súas instalacións destaca o proceso de fabricación dos pellets; partindo da madeira virxe proveniente do tronco da árbore (que pode chegar fragmentada ou non), primeiro descódiase, córtase en birutas, pásase por un muíño, sécase, móese de novo e finalmente prénsase, conseguindo o pellet final.

Web: http://www.bioforestal.es/

Artes Gráficas

EINSA PRINT

EINSA PRINT é unha empresa dedicada á preimpresión, impresión, encadernación e loxística do sector editorial, estando especializada na impresión de directorios, catálogos, revistas ou folletos. Está situada como unha das 3 imprentas industriais máis grandes de España, contando nas súas instalacións das Pontes con 5 rotativas, 3 máquinas de impresión e máis de 300 empregados.

Entre os seus produtos e clientes máis coñecidos atópanse os catálogos de Avon, Páxinas Amarelas, Páxinas Brancas, guías telefónicas de Cuba, guías da British Telecom, folletos e catálogos para Gadis e Media Markt ou as revistas de Iberia e Qué Me Dices.

Máis do 35% da súa produción é para clientes estranxeiros, para o que a situación xeográfica é determinante. Neste sentido a súa localización nas Pontes failles ser competitivos pola posibilidade de realizar transporte de mercadoría por mar.

Web: http://www.einsa.com

Madera

Adera

Pertencente ao grupo Servizo Móbil, ADERA é unha empresa de gran tradición familiar no torneado da madeira, e aínda hoxe é coñecida polo seu carácter de “torneado-industrial”. Os seus inicios remóntanse á época na que Severiano Castro, o seu fundador, traballaba nun muíño utilizando a forza psicomotriz para facer torneiría artesanal.

Actualmente ADERA basea os seus traballos nunha combinación de procesos artesanais e modernas técnicas de fabricación. Entre a súa gama de produtos atópanse elementos de mobiliario urbano, escaleiras de madeira e complementos, material de oficina, bancos para xardín e interior, elementos para soportais, pérgolas, embalaxes para obras de arte, mobiliario para exposicións, artigos para cociña, etc.

As súas instalacións no Polígono Industrial de Cruz dás Cabezas nas Pontes abarcan unha superficie de 3000 m². Coa súa maquinaria e equipo humano son capaces de fabricar distintos tipos de produtos, polo que destacan en versatilidade e calidade.

Web: http://www.adera.es

INTASA

O grupo empresarial INTASA está integrado en GADISA, unha das grandes compañías empresariais de España, con máis de 7.000 empregados e 1.200 millóns de € de facturación. O seu fundador, Roberto Tojeiro, era orixinal das Pontes.

INTASA está conformada por varias empresas: Intasa, Unemsa, Galparquet e Contrachapados del Eume. Nas Pontes dispón das instalacións de GALPARQUET, dedicada á fabricación de parqué flotante, contando cunha superficie total de 3.000.000 de m² e uns 80 empregados.

Os seus principais produtos son parqués, tarimas, laminados, revestimentos, rodapiés e adhesivos. Estes produtos están presentes no territorio nacional e en máis de setenta países de tres continentes. Un dos seus clientes principais é o Grupo Porcelanosa.

Web: http://www.intasa.es

Metal

ACEBRÓN GROUP

ACEBRÓN GROUP é un grupo empresarial creado no ano 2000, formado por 4 empresas: Mecace, Talleres Acesán, Acemetal e Acecal. A súa orixe está en Rodabell, empresa que traballaba nos anos 90 principalmente para ENDESA. Hoxe en día, con MECACE á cabeza, convertéronse nun referente no sector do mecanizado industrial.

Cun investimento en maquinaria próxima aos 15 millóns de €, e un equipo duns 100 profesionais do sector, son capaces de ofrecer todos os procesos produtivos (mecanizado, tratamentos superficiais, caldeirería, reparacións, pintura, etc). Isto favoreceu a súa apertura e expansión no estranxeiro.

Actualmente dispoñen de clientes de diversas partes do mundo: Noruega, Suecia, Xamaica, Brasil, Suíza, Dinamarca, Alemaña, Francia, Alxeria, Italia, Panamá, Inglaterra, EEU, etc., proporcionando subministración a sectores moi diversos: aeroxeradores eólicos, industria naval, agroquímica, bens de equipo, automoción, armamento, aeronáutica e sector enerxético.

Web: http://www.acebrongroup.com

POMESA

POMESA é unha empresa especializada na fabricación de estruturas metálicas, caldeirería e pontes grúa. As súas orixes remóntanse a 1990, cando os irmáns Maceira deciden crear a súa propia empresa: Talleres Metálicos Maceira. Esta pequena empresa, dedicada á venda e instalación de estruturas metálicas a particulares, foi o xerme da actual POMESA.

Hoxe en día nas súas instalacións de 5.500 m², situadas no Polígono de Penapurreira nas Pontes, contan con maquinaria de última tecnoloxía, sendo os seus servizos principais a fabricación e montaxe de estruturas metálicas, cubertas, illamentos térmicos e cerramentos de calquera tipo e sistema, aplicables entre outros a naves industriais e polideportivos. Entre os seus traballos destaca tamén a fabricación de pontes grúa, pórticos e semi pórticos para a marca Demag Cranes & Components, así como servizos para Endesa, Citroën ou Navantia.

Web: http://www.pomesa.com

PROMETAL TECNOLOGÍA E INNOVACIÓN

PROMETAL TECNOLOXÍA E INNOVACIÓN S.L., con instalacións no Polígono Industrial dos Airíos nas Pontes, é unha empresa dedicada principalmente ao deseño e fabricación de estruturas metálicas e caldeirería, aínda que tamén ofrecen servizos de soldadura.

A historia desta nova empresa comeza no ano 2005, e ao pouco tempo o seu labor empresarial xa é recoñecida co Premio de Emprendedores da Coruña e Ferrol, así como co Premio Novo Empresario á Creación de Emprego de Galicia.

Contan como principais clientes con empresas multinacionais españolas que operan a nivel internacional, en países como Alemaña, Francia, Inglaterra ou Marrocos. Entre elas atópanse empresas que traballan en diferentes sectores: automoción (Nissan, Citroën), téxtil (Inditex), naval (Navantia), enerxético (Endesa, Acciona, Gamesa e Vestas) e construción (Dragaxes, Masa Galicia).

Web: http://www.prometal.es

Cultura Emprendedora

Asociación de Empresarios Usuarios de Suelo Industrial de As Pontes – SEARA

SEARA é unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 2002, de carácter multisectorial que dende a súa constitución tivo como obxectivo fundamental servir como núcleo de converxencia e representación de todo o empresariado e axentes interesados na dinamización empresarial do territorio. A través das súas actividades, intenta axudar a promover o desenvolvemento empresarial local e fomentar unha cultura emprendedora na comarca.

Os servizos que ofrece a Asociación SEARA están orientados tanto a ofrecer asesoramento aos seus 60 asociados como ás empresas instaladas no seu centro de iniciativas empresariais, situado no Polígono de Penapurreira. Ademais, tamén impulsa accións para traballar os valores asociados á cultura emprendedora, especialmente nos centros educativos.

Web: http://www.asociacionseara.com