CASA DO MEL
CASA DO MEL
A CASA DO MEL é unha asociación sen ánimo de lucro nacida no ano 2004, que traballa como un centro de divulgación e sensibilización do mundo apícola, sendo un referente en Galicia. O centro está situado na parroquia de Goente, e dispón nas súas instalacións de varias salas de exposicións, así coma unha sala de extracción e envasado do mel, un laboratorio para controlar a calidade do mel e unha sala para conferencias e accións formativas.
Os principais obxectivos deste centro son:
- A divulgación e a sensibilización do mundo das abellas entre os visitantes
- Ofrecer produtos apícolas de gran calidade
- Apoiar tecnicamente aos apicultores, mellorando os seus coñecementos para axudarlles a desenvolver as súas explotacións
Entre as súas actividades destacan cursos de apicultura, visitas de escolares e grupos organizados, catas de mel, análise física, química e polínica dos meles, e obradoiros de cera ou cosmética.
HORARIO DE APERTURA AO PÚBLICO:
Sábados e domingos de 16h. a 21h, con visitas guiadas e asesoramiento.