INTASA

INTASA

O grupo empresarial INTASA está integrado en GADISA, unha das grandes compañías empresariais de España, con máis de 7.000 empregados e 1.200 millóns de € de facturación. O seu fundador, Roberto Tojeiro, era orixinal das Pontes.

INTASA está conformada por varias empresas: Intasa, Unemsa, Galparquet e Contrachapados del Eume. Nas Pontes dispón das instalacións de GALPARQUET, dedicada á fabricación de parqué flotante, contando cunha superficie total de 3.000.000 de m² e uns 80 empregados.

Os seus principais produtos son parqués, tarimas, laminados, revestimentos, rodapiés e adhesivos. Estes produtos están presentes no territorio nacional e en máis de setenta países de tres continentes. Un dos seus clientes principais é o Grupo Porcelanosa.

Web: http://www.intasa.es