Principais fitos industriais
1790
Descubrimento oficial da mina de carbón das Pontes por Xosé Cornide.
1835
O enxeñeiro de minas Guillermo Schulz analiza as posibilidades de explotación da mina.
1908
Construción do Muíño de Prieto, tamén coñecido como O muíño Novo ou Fábrica dá Luz.
1910
Primeiro intento de explotación da mina, que resultou pouco rendible.
1941
Construción do Muíño da Ribeira Nova.
1944
Aprobación do Plan de actuación para a explotación de lignitos nas Pontes.
1946/1949
Comeza a construción do Poboado de As Veigas. Fase de maior construción, con 150 vivendas. Ademais ENCASO prepara a explotación de lignito.
1949
Inauguración da residencia de enxeñeiros, as escolas e o economato do Poboado de As Veigas. Ademais ENCASO opta por un tren para o transporte do carbón da mina á central térmica.
1949
Entra en funcionamento a central térmica de 32 MW
1950/1959
Segunda (1950-1953) e terceira (1954/1959) fase de construción do Poboado de As Veigas, así como a inauguración en 1951 da residencia de empregados.
1955
Entra en servizo na mina das Pontes a primeira rotopala, unha das primeiras utilizadas en España.
1955/1960
Construción do Encoro do Eume.
1959
A escola do Poboado de As Veigas comeza a funcionar como escola de Formación Profesional e academia de Grao Medio
1960/1963
Cuarta fase de construción do Poboado de As Veigas.
1962
Constrúese o campo de fútbol “O Poboado”
1963
Inaugúrase o Club de Empresa Lareira.
1964
Inaugúrase a Presa da Ribeira.
1965
Inaugúrase a Igrexa da Luz no Poboado de As Veigas.
1972
Intégrase a ENDESA na explotación da mina das Pontes. Os bens de ENCASO pasan a ENDESA e comeza a construción da maior Central Térmica do país.
1973
División do complexo industrial das Pontes: • Produción enerxía: ENDESA. • Produción amoníacos e abonos: ENFERSA
1974
Construción do Poboado da Fraga. 200 vivendas
1974
Construción do Poboado da Magdalena. 248 vivendas
1975
Construción do Poboado do Muíño/Anguieiro- 48 vivendas.
1976
Comezo da explotación da mina por parte de ENDESA. O carbón transpórtase en cintas.
1976
Construción do Poboado do Barreiro. 232 vivendas.
1977/1979
Póñense en marcha os novos grupos de ENDESA, péchase a térmica de ENCASO, suspéndese a fabricación de amoníaco e finalízase a construción da térmica de ENDESA.
1985
Comezo dos traballos de restauración da Escombreira exterior.
1986
Peche de ENFERSA. Os traballadores son recolocados en ENDESA ou se prexubilan.
1993/1996
Transformación da Central Térmica para consumir unha mestura de carbón local con carbón importado, reducindo así emisións contaminantes.
1999/2004
Construción de varios parques eólicos: • Construción do Parque Eólico de San Xoán (1999) • Construción do Parque Eólico do Caxado (2002) • Construción do Parque Eólico da Faladoira (2002) • Construción do Parque Eólico Coto Teixido (2002) • Construción do Parque Eólico da Carballeira (2004)
2005
A central térmica unicamente traballa con carbón importado.
2006
Terminan os traballos de restauración da Escombreira exterior.
2007/2008
En 2007 pecha a mina de carbón, retíranse os equipos mineiros e sélase o oco con calcaria. En 2008 comeza o enchido do Lago.
2008
Comeza a actividade da Central Térmica de Ciclo Combinado.
2012
No mes de abril termina o enchido do Lago. En agosto prodúcese a inauguración do Lago co primeiro baño por parte dos veciños das Pontes.